
XVIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames
22 Outubro de 2017 / 10:30 h.
O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 22 de outubro a décimo oitava edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao V CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns. O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo.
Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello o día anterior á carreira (sábado, 21 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente.
Varias categorías para miúd@s!!! A partir das 12:00h.