
Xogos en Roda.
8 Xuño de 2018 / 19:00 h.
GratisProgramación Infantil Serán’01
Tamén os máis pequenos e pequenas terán o seu espazo no Serán’01, que ao longo dos tres días programa obradoiros –de acceso libre e de balde– para que a cativada poida fabricar os seus zocos con materiais de refugallo ou aprender sobre xogos tradicionais. Xa no ámbito musical, a Foliadiña Infantil subirá ao escenario os representantes máis novos do baile tradicional galego, que actuarán para todo o público asistente.
Obradoiro infantil sobre xogos tradicionais impartido por Luís Prego. Actividade de balde e que non precisa reserva de praza. Terá lugar no recinto feiral do Museo Centro Gaiás.
- Venres 8 de xuño: 19.00 horas