
Xincana literaria
12 Xullo de 2017 / 18:00 h. - 19:30 h.
GratisA Biblioteca de Galicia celebra este mes de xullo dúas sesións dunha Xincana literaria que ten como finalidade a conmemoración do centenario da publicación Terra asoballada de Ramón Cabanillas. Trátase de achegar ao público familiar a vida e obra do poeta dun xeito diferente, participativo e lúdico.
Público familiar (recomendado a partir de 5 anos).
De balde previa inscrición.