
XARDÍNS PORTÁTILES
16 Setembro de 2017 / 17:00 h.
€3No marco da exposición Da árbore á cadeira centrámonos nas características da paisaxe galega e propomos un obradoiro para dar a coñecer as plantas que se dan espontaneamente no monte Gaiás, en particular aquelas que poden ser reutilizadas pola súa función ornamental.
Por que non utilizar plantas espontáneas para construír xardíns? Este é o desafío proposto! Aprender a identificar as plantas; onde e como poder recollelas, como reproducilas e que tipo de coidados necesitan. Cada participante creará o seu propio xardín portátil, que levará para a súa casa para aprender e gozar do seu coidado.
A actividade comezará cunha visita á exposición Da árbore á cadeira deténdonos especialmente na obra Specific Site, de Jorge Perianes que representa unha paisaxe antrópica artificial. Interpretaremos a biodiversidade dos bosques de flora autóctona a través dos vídeos e as obras pictóricas e fotográficas da mostra. Seguidamente, levarase a cabo unha saída de campo en busca das plantas ventureiras, aprenderemos a recoñecelas, como reproducilas e o seu potencial como especies ornamentais.
Finalmente terá lugar o obradoiro de creación do xardín portátil. Os participantes disporán de material vexetal en maceta para transplantar, así como substrato, abono, etc., ademais dun envase móbil para realizar e transportar o xardín.
Tras esta completa xornada levaremos para a casa un anaco do Bosque de Galicia co compromiso de coidalo con moito agarimo!
17 horas
Museo Centro Gaiás (Primeiro andar) e Bosque de Galicia
Entradas
Entrada: 3€. Á venda no Museo Centro Gaiás e www.ataquilla.com (+gastos de xestión).
Billeteira (o día do evento): 4€. Sen posibilidade de acceso a descontos ou promocións.
Desconto do 20% para socios do Club Gaiás, Xubilados, Desempregados, Discapacitados, Familias numerosas, carné universitario e carné xove. Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla e no teléfono 902 504 500.
Promocións. Á venda no Museo Centro Gaiás, puntos físicos Ataquilla e no teléfono 902 504 500.
- Pack Familiar (4×3): 9€.
- Pack 3×2. 6€.
Info práctica
Público: nenas e nenos de 5 a 11 anos, acompañados dun adulto.
Aforo total: 15 persoas + acompañantes
Colaboración do arquitecto paisaxista Martín Toimil.
Recomendacións: Actividade parcialmente ao exterior, que pode modicarse se as condicións climáticas non son idóneas. Aconséllase roupa e calzado cómodo.