
X ANIVERSARIO A SENRA CAFÉ
6 Maio de 2017 / 18:00 h.
A Senra Café (Rúa Ignacio Varela, 5, Pontevea) ten preparada unha boa festa para celebrar o seu X Aniversario, xa que comezaban a súa andadura no 2007, como pasa o tempo!
Ás 18:00h para @s miúd@s: Uxía e Magín Blanco (mais colaboradores de María Fumaça).
A continuación seguirán entretidos grazas a Mancuco.
Para o remate do gran día, as 22.30h., Tres Pesos, Alvariza e Tanxugueiras.
Entrada de balde. Prezos populares. Posto de comida. Aparcadoiro.
“Dez anos non son nada”