
VIII Concerto de Nadal. Unha frauta chea de contos
29 Decembro de 2017 / 18:30 h.
VIII Concerto de Nadal. Unha frauta chea de contos.
Concerto do Trío Acivro.
Concerto didáctico de frauta traveseira, violín e violoncello a cargo de Luis Soto, profesor de frauta na Real Filharmonía de Galicia e no Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), e os seus fillos Lucas e Cecilia.
Con este espectáculo tratan de introducir aos nenos e nenas no mundo da música clásica a través dos contos.
Podedes traer o voso instrumento e tocar co trío ao rematar o concerto!
Salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.