
Unha noite no bosque
18 Agosto de 2017 / 20:00 h.
€12Dirixido a miúd@s de 10 a 13 anos.
Colle o teu saco de durmir e vive no Gaiás unha noite única. Os máis aventureiros poderán gozar dunha acampada na que compartir e coñecer a nosa flora e fauna, a importancia dos bosques e hábitats e os costumes e oficios vencellados á madeira a través da mostra Da árbore á cadeira. E, como colofón, pasa unha noite rodeado de natureza e á luz das estrelas e de lendas mitolóxicas no corazón do Bosque de Galicia.