
‘Txatarra’, Malas Compañías
21 Agosto de 2017 / 19:00 h.
Benvidos a un pequeno universo construído con barrís, táboas, trebellos, e tamén rutinas, soños e debilidades compartidas. Alén do conformismo e a aceptación, subimos, baixamos, corremos, rodamos, saltamos en busca desa volta de porca que converte a máis tediosa das rutinas en diversión.
Txatarra é un espectáculo de circo e teatro de rúa para todos os públicos que utiliza o humor, o teatro, a manipulación de obxectos e a acrobacia para mergullar o público nun traballo espectacular, divertido e tenro.