
Taller infantil de cociña con Liseth Medina no Mercado Eco&Art
23 Xuño de 2018 / 12:00 h. - 14:00 h.
Obradoiro infantil de cociña no Mercado ECO&Art, este sábado día 23 de xuño, entre as 12:00 e as 14:00h, na Praza Roxa. Dirixido especialmente a nenos de 7 a 10 anos, prepararemos pratos sinxelos e saudables. Realizarémolos en varias quendas de 30 minutos, cun máximo de participantes por quenda de 10 rapaces.
Realízanse grazas á colaboración de Liseth Medina Araújo, graduada en Nutrición e Dietética, responsable do Centro Integral de Nutrición NUTRIVIDA.