
SOPA DE SAPAO
24 Marzo de 2017 / 18:00 h.
€4Talía Teatro chega este venres a Ames co seu espectáculo infantil “Sopa de Sapo”
A compañía Talía Teatro representa este venres, 24 de marzo, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo “Sopa de Sapo”. Trátase dunha divertida comedia que está dirixida ao público infantil. As entradas para asistir a esta obra de teatro están dispoñibles na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar as entradas, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. Ademais, resérvase o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.