
ROTEIROS DE PRIMAVERA
25 Marzo de 2017 / 17:00 h.
GratisNatureza, deporte e coñecemento. Para recibir a primavera, a Cidade da Cultura convídate a descubrir o seu rico patrimonio natural a través duns roteiros guiados polas zonas verdes do complexo. Unha andaina de pouco máis dunha hora de duración na que ademais de camiñar polo monte, coñecerás a flora que poboa o Monte Gaiás ao tempo que descubres características, anécdotas e lendas asociadas a cada especie.
Os Roteiros de Primavera preséntanse como unha visita de interpretación da natureza onde coñecer as diferentes especies arbóreas do Bosque de Galicia, gozar do poético Xardín Literario con vistas á catedral ou descubrir os segredos do Parque do Lago.