
Roteiro Micolóxico
22 Novembro de 2017 / 16:00 h.
Roteiro Micolóxico
Actividade en colaboración con USC Deportes
Características do obradoiro:
Responsable:
Martín Souto Souto, micólogo e conservador do Herbario SANT da USC.
María José López Fernández, doutora en Bioloxía, especialista en Zooloxía.
Daniel Castro Fernández, doutor en Bioloxía, especialista en Botánica.
Víctor Fidalgo, coordinador do área de Natureza da Fundación USC Deportiva.
Contidos:
- Roteiro con saída e fin na Piscina Universitaria, no que nos achegaremos ás ribeiras do Sarela, á Selva Negra ou ás lombas do Monte Pedroso.
- Finalmente realizaremos unha mostra dos cogomelos recollidos na piscina universitaria, identificando as diferentes especies, o seu valor gastronómico e a súa toxicidade.
Tamaño e perfil do grupo
Adultos ou nenos acompañados de adultos.
Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa , polo menos con dous días de antelación a data do obradoiro.
Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e Horario
Mércores, 22 de novembro
A duración será de 2 horas (16:00 – 18:00).
Pago e inscrición
Recepción da Piscina Universitaria ou na web:
http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/index.html