
‘Ritmo Refugallo’, Trío Refugallo
30 Agosto de 2017 / 19:00 h.
A animación toma o parque con Trío Refugallo, unha nova proposta da man de membros de Odaiko e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo que mestura clown, música sobre instrumentos feitos a partir de materiais de refugallo, participación e interacción co público. Un novo concepto de espectáculo que espalla risa e ritmo.