
Recital poético multimedia de Yolanda Castaño
14 Xaneiro de 2017 / 18:30 h.
GratisUn dos rostros máis coñecidos da poesía galega nun novo e atractivo xeito de comunicar os seus versos facéndoos dialogar coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías. Unha moderna posta en escena, capaz de conectar con públicos pouco versados no xénero poético. Un recitado de textos acompañado de proxección de breves vídeopoemas e bases musicais.
Público: mocidade e adultos, máis de 14 anos
Duración: 50 minutos
Lugar: Auditorio Neira Vilas (BdG)
Prazas: 120
De balde, previa inscrición na web