
RADIO BULEBULE de Paco Nogueiras
12 Novembro de 2017 / 18:30 h.
O novo espectáculo infantil do músico e actor Paco Nogueiras será estreado o domingo, 12 de novembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas. Radio Bulebule, que é como se chama o novo traballo de Nogueiras, está composto por 12 cancións que atopan a súa inspiración no medio radiofónico. O espectáculo parte dun libro-CD-DVD no que participan, xunto Nogueiras, o ilustrador David Pintor e o artista visual José Miguel Sagüillo.
Os convites están agotados na Billeteira electrónica. Porén, como é habitual, un 10% do aforo do auditorio quedará reservado para poder ser retirado, o mesmo día da función, desde unha hora antes do espectáculo.