
Que comerá o rei?
26 Decembro de 2016 / 12:00 h. - 13:00 h.
A partir do conto “A pota que trota” de OQO Editora, @s participantes mergullaranse na obra de Castelao da man do mercader presente no conto e responsable do cambio de vida d@s labreg@s. A través dun xogo, a rapazada terá que atopar, colocar e identificar, co texto correspondente, cada unha das láminas da serie Nós. Deste xeito, achegaranse á obra de Castelao, mediante o coñecemento e identificación dunha das súas series de debuxos máis recoñecidas. Para miúd@s de 6 a 9 anos.