
Presentación e contacontos na SELIC de “Onde vai Carlos?”
4 Xuño de 2017 / 18:00 h.
Auga Editora presenta na Semana do Libro de Compostela (SELIC) o libro infantil en homenaxe a Carlos Casares “Onde vai Carlos?” de X. A. Perozo ilustrado por Antonio Seijas.
O domingo día 4 de xuño, Auga Editora, acompañada polo presidente da Fundación Carlos Casares, Hakan Casares, presenta na Semana do Libro de Compostela (SELIC) o conto ilustrado “Onde vai Carlos?” escrito por X. A. Perozo e ilustrado por Antonio Seijas.
Na presentación a escritora María Lado escenificará para os pequenos e pequenas esta fermosa historia, que achega ás xeracións máis novas a literatura infantil e xuvenil de Carlos Casares mediante unha viaxe lúdica e inciática.