
Prende no colo
24 Novembro de 2017 / 19:00 h.
O venres, 24 de novembro, terá lugar o obradoiro “Prende no Colo”, do cal haberá dúas sesións: ás 18:00h e ás 19:00h. Será na Casa da Cultura do Milladoiro.
No obradoiro, que correrá a cargo de Luís Prego, aprenderanse e cantaranse cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados… Ademais, nel tamén se iniciará ás crianzas no ritmo e na melodía.
A actividade está dirixida a familias con nenas e nenos entre os 0 e os 3 anos. Para participar, é preciso inscribirse do 13 ao 23 de novembro, enviando o nome e a idade das persoas participantes, así como un teléfono de contacto, ao enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal.