
PITUSA SEMIFUSA E OS ESTILOS MUSICAIS
21 Xuño de 2017 / 19:30 h.
€3.50O libro-disco con autoría de Olga Brañas e ilustracións de Leandro Lamas “Pitusa Semifusa” saía en 2014 (Sonárbore, ed. Galaxia) para aprenderlles ás cativas e cativos as familias de instrumentos de forma divertida. Dende aquela, Pitusa Semifusa percorreu unha morea de escenarios facendo as delicias da cativada cun espectáculo moi participativo.
Desta volta, coa presentación do novo libro-disco e novo espectáculo “Pitusa Semifusa e os estilos musicais”, o rock, o funky, o reggae, etc. acompañarán ás máis pequenas e pequenos cun espectáculo cheo de enerxía.
Ven cantar e bailar con Pitusa Semifusa!
Colaboran: Editorial Galaxia, Rebumbio Producións, Centro Dramático Galego