
PETER PAN Y WENDY
5 Decembro de 2017 / 18:30 h.
€7COMPAÑÍA El Perro Azul
TIPO Teatro e danza
DURACIÓN 60 min.
PREZO 7 euros
IDADES Público familiar
Información e sinopse Unha produción da compañía rioxana El Perro Azul para público infantil e familiar.
Todos os rapaces medran, menos un: Peter Pan. A nena Wendy deixa a súa casa e marcha voando con Peter Pan e Campaíña ao País de Nunca Xamais, unha illa máxica na que conviven nenos perdidos, fadas e sereas. Logo de vivir fantásticas aventuras en compaña dos indios, pelexando cos piratas e o seu capitán Garfio Wendy volta á casa cos nenos perdidos. Peter Pan tamén volverá, anos máis tarde cando chegue a festa da primavera. Como Wendy xa é grandiña levará consigo á súa filla ao País de Nunca Xamais. Cando ela medre, terá unha filla á que tamén buscará Peter Pan. E así acontecerá sempre mentres os nenos sigan a ser inocentes, alegres e crueis.
El perro azul teatro, tense consolidado como unha compañía profesional que indaga en distintas linguaxes teatrais capaces de emocionar a un público de calquera idade. Desenvolve o seu traballo dende unha ollada artística e persoal arriscada, a través dunha linguaxe xestual na que o corpo do intérprete conta, mentres que as súas palabras poden voar. A compañía procura que o público participe dun encontro evocador sobre o escenario, un achegamento ás nosas buscas, ás nosas preguntas e soños. Este espectáculo está enmarcado no programa PLATEA do INAEM.
Equipo técnico e artístico
Intérpretes: Gemma Viguera e Fernando Moreno
Música orixinal: Elena Aranoa e Nacho Ugarte
Vestiario: Ana Rana
Espazo escénico: Jorge Padín
Técnico: Carlos Cremades
Deseño gráfico: Diego Solloa
Fotografía: Rafa Lafuente
Iluminación: Juan Berzal
Dirección escénica e dramaturxia: Jorge Padín
Vestiario: Ana Santos.
Produción do espectáculo: EL PERRO AZUL TEATRO