
Pequen@s astrónom@s: sinxelas ferramentas para descubrir o ceo nocturno
13 Maio de 2017 / 12:00 h.
Gratispara nenas e nenos, a partir de 7 anos, acompañados dunha persoa adulta. Será un achegamento ás dificultades para coñecer o ceo estrelado desde a cidade. Os/as participantes aprenderán o que se pode atopar nun ceo nocturno escuro coa axuda dun simulador e construirán algunhas sinxelas ferramentas para ir familiarizándose coas formas que fan as estrelas no ceo.
son de balde pero para o obradoiro as prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse. Pode facerse a través do teléfono 981 543 145 ou do formulario online de inscrición.