
‘Pavillón Lino’, Caramuxo Teatro
16 Febreiro de 2019 / 18:30 h.
Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido Pavillón Lino da Coruña, espazo cultural de estética modernista dedicado a todo tipo de actividades artísticas, teatro, cinema, baile, monicreques, cómicos, autómatas…
Unha trepidante comedia de variedades pola que desfilarán unha chea de pintorescas personaxes, e cunha coidada posta en escena.