
OUTONO, espectáculo de teatro-circo para toda a familia
6 Outubro de 2017 / 18:00 h.
€4“Outono” é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.
O venres, 6 de outubro, comeza a nova tempada de teatro infantil coa representación do espectáculo “Outono”, a cargo da compañía Pistacatro. Trátase dun espectáculo destinado a toda a familia. A representación será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. As entradas para esta obra xa están á venda na Billeteira electrónica. Tamén se poden mercar, de xeito anticipado e presencial, nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns. Ademais, resérvanse o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo. O prezo é de 4 euros.