
Os xoves cóntame un conto
16 Febreiro de 2017 / 18:00 h.
GratisVíctor Sanabria, participante do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparte o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.
A continuación, e no marco da II Semana da Cultura Chinesa, temos unha sesión de Contos chineses a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC.
Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.