
Os sábados choiva de contos: “TIRANDO DO FÍO”
7 Xaneiro de 2017 / 12:00 h.
Sesión de contacontos con Fátima Villamel para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
Unha invitación a aloumiñarse, a adiviñar, a escoitar sons e a cantar, a xogar e a confiar… pero tamén a tirar dos fíos das historias que se enredan nas nosas orellas e mans.
Tiramos do fío?
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.