
Os sábados choiva de contos. Oficina de obxectos perdidos
26 Xaneiro de 2019 / 12:00 h.
Sesión de narración oral con Ramiro Neira.
Por que gardamos cachiños de papel, a vara queimada dun foguete, unha conchiña da praia, flores, unha pedra, anacos de tea…?
Non son só obxectos que gardamos en caixiñas senón historias dos invernos na aldea, as festas, os veráns na praia, que as veces desaparecen en recunchos. Ata que un día, buscando outra cousa, atopamos a caixiña, abrímola, e todas esas historias agroman de novo en nós.
Nesta sesión Ramiro traerá a súa propia caixiña chea de obxectos perdidos, da que brotarán contos sen fin.
Para nenos e nenas de 4 a 8 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.