
Os sábados choiva de contos. O xoven apalpador
22 Decembro de 2018 / 12:00 h.
Sesión de narración oral con Brais Moure.
Aquí está, xa chegou o xoven Apalpador, acompañado da súa vaca Courela. Fillo, neto, bisneto de apalpadoras e apalpadores viaxa desde o cerne da Serra do Caurel para contarlles ás nenas e aos nenos historias e contos con música, poemas e cantigas, sobre os tesouros da nosa terra, da necesidade de coidar a natureza, respectar os bosques, ríos e regatos e de levar unha alimentación sa.
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.