
Os sábados choiva de contos: O apalpador
23 Decembro de 2017 / 12:00 h.
O apalpador. Sesión de contacontos con Anxo Moure
Dende as montañas dos Ancares e O Courel, baixa cara a biblioteca o vello carboeiro, o chamado Apalpador, que traia castañas asadas as nenas e nenos que tiñan fame
naqueles tempos de inverno. Agora, cando abrimos as castañas, céibanse contos que alimentan o coñecemento da riqueza dos nosos soutos e carballeiras, regatos, e das penedas das fervenzas.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.