
Os sábados choiva de contos: “Historias da maletra”
16 Decembro de 2017 / 12:00 h.
Historias da maletra. Sesión de contacontos con Raquel Queizás
Todas as letras xuntiñas viaxan e xogan dentro da miña Maletra. E cando a abro, todas corren para fóra bailando e formando palabras que xogan á roda e cóntanme ao ouvido fermosas historias que levan tempo andando polo mundo, de boca en boca, de soño en soño.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.