
Os sábados choiva de contos. Contos para acabar con algún medo.
25 Febreiro de 2017 / 12:00 h.
GratisSesión de contacontos con Paula Carballeira para nenas e nenos de 3 a 10 anos.
Primeiro temos que saber se o medo é grande ou pequeno, dos que aparecen cando non hai ninguén ao teu carón, dos que prefiren dar sustos…
Para cada medo hai un remedio, e mesmo hai remedios que valen para todos: a risa, a música, a luz, mirar o medo cara a cara, fronte a fronte, directamente aos ollos. Cando pensamos que perdemos a valentía nalgures, os contos axúdannos a recuperala.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.