
OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: Contando contos
16 Setembro de 2017 / 12:00 h.
GratisSesión de narración oral con Olga Cuervo.
Contos para pequenos, para maiores. Para o verán e para o inverno. Para antes de comer e para despois de cear. De animais e princesas. De bruxas e sorpresas. Contos de todo tipo que non te podes perder. Queres que cho conte outra vez?
No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.