
Os sábados, choiva de contos Contadas coa súa voz (sobre Carlos Casares)
27 Maio de 2017 / 12:00 h.
GratisLisístrata volve á biblioteca para render unha merecida e sentida homenaxe a Carlos Casares. Serán historias contadas, na súa voz e coa nosa palabra, dunha literatura que levan gozado lectores e lectoras dende hai anos, ata converterse nos clásicos de hoxe.
No salón de actos, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.