
Os sábados choiva de contos: “Buscando o conto do Nadal”
30 Decembro de 2017 / 12:00 h.
Buscando o conto do Nadal. Sesión de contacontos con Mario Tomás.
Marionetto, contador de historias, comparte con todos nós unha vella historia que oíu hai tempo. Un conto épico sobre o Nadal, o equinoccio, a luz, a escuridade… pero distintos
personaxes interrómpeno. Un divertimento con monicreques un pouco tolo e festivo en torno ao Nadal.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.