
Os sábados choiva de contos: Bicho á vista!
18 Febreiro de 2017 / 12:00 h.
GratisSesión de contacontos con Raquel Queizás para nenas e nenos maiores de 3 anos.
Uns bichos existen e outros non, pero todos moran na imaxinación. Percorrendo as pegadas dunha nena especial e singular, un bicho devorador de libros, coñeceremos como viven, por que son como son, que senten moitos bichos e animais que habitan o planeta.
Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.