
OS SÁBADOS CHOIVA DE CONTOS: ANIMALIÑOS
11 Marzo de 2017 / 12:00 h.
GratisA cargo de RAMIRO NEIRA. Peza de narración oral na que se contan e dramatizan contos da tradición oral de todo o mundo. Contos de Venezuela, de Kenya, de Rusia… A través das historias que imos contar, queremos que o público, axudado pola súa imaxinación abandone a cidade… e viaxe ao bosque… á selva… Imos coñecer á Gata Kisha, a unha tartaruga moi intelixente, unha pega moi larpeira e a un coello e un loro que teñen unha granxa…. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.