
Os sábados choiva de contos. A caixa de Pandora.
15 Decembro de 2018 / 12:00 h.
Espectáculo de maxia do Mago Toño con variedade de efectos máxicos como aparicións, desaparicións e ilusións arredor da máxica caixa de Pandora.
Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos e cartas combínanse maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.
Para público familiar.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.