
Os roles de xénero nos contos. Obradoiro de auto-edición
16 Decembro de 2019 / 18:30 h. - 20:30 h.
Conmemoramos o Día da Edición, 124 aniversario do nacemento de Ánxel Casal cun obradoiro de auto-edición impartido por Gargallando.
A edición de libros supón unha ferramenta clave para a expresión das culturas. En Galicia, Ánxel Casal ou Emilia Pardo Bazán foron pioneiros.
As nenas e nenos participantes traballan sobre os roles de xénero nos contos que lles gusta ler, transfórmanse en editores/as e crean entre todas e todos unha revista que fotocopiamos e distribuímos pola biblioteca.
É precisa a inscrición previa:
https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/os-roles-de-xenero-nos-contos-obradoiro-de-auto-edicion
Máximo 10 participantes de 7 a 14 anos que teñan o carné da biblioteca no momento de facer a inscrición.