
OS BOLECHAS Nadal en familia
4 Xaneiro de 2017 / 16:00 h. - 20:00 h.
O Nadal en Familia dos Bolechas propón unha morea de actividades para gozarmos xuntos destas festas: contacontos, xogos populares, libraría, obradoiros de maquillaxe, debuxo e chapas… Ademais, poderedes escribirlles as vosas cartas aos Reis Magos e participar no concurso de debuxo e na exposición de postais que entrarán, cada día, no sorteo de libros dos Bolechas!
Todos os debuxos feitos cada día no concurso de Nadal en Familia entrarán no sorteo de varios lotes de libros dos Bolechas. En cada vila, ás 19:45 horas, farase o sorteo entre todos os participantes.