
Os Bolechas e o amigo Monte chegan a Teo
23 Xuño de 2018 / 12:00 h.
O obxectivo é fomentar, canda a educación ecolóxica dos cativos e cativas, a súa participación en galego na resolución do conflito proposto no guión. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade axeitadas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas acerca do monte, da súa fauna e da súa flora.
Para que a actividade de dinamización lingüística teña continuidade máis alá do día do espectáculo, os e as asistentes a el obterán unha palabra clave que lles permitirá acceder ao web www.osbolechas.gal/amigomonte/, onde atoparán diversos contidos (xogos, diplomas, unidades didácticas…) e poderán participar en sorteos de lotes de libros.
A entrada ao espectáculo será libre ata completar o aforo por orde de chegada á sala.