
Odaiko
28 Decembro de 2016 / 17:00 h.
Maxistral clase de enxeño musical desta formación de percusión.
Divertida proposta didáctica dirixida a un público familiar no que a complicidade co público é a ferramenta para que o espectador disfrute dunha maxistral clase de enxeño.
Odaiko amosa instrumentos super novidosos e virtuosas composicións feitas por eles mesmos e que, xunto cunha sorprendente posta en escena e o humor retranqueiro, fan deste espectáculo outro éxito asegurado.