
Observación do ceo nocturno con telescopio.
24 Novembro de 2017 / 19:00 h.
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC no marco do programa TODOCOSMOS e financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) programa varios obradoiros para divulgar a astronomía.
24 de novembro. Observación do ceo nocturno con telescopio.
Ás 19h no Salón de actos faise unha breve explicación da observación, e ás 19:30 h desde o exterior da biblioteca observamos varios astros co telescopio.
Se as condicións meteorolóxicas non acompañan a observación traslçadase a outro día.
Requírese inscrición previa, máximo 50 persoas.