
Obradoiro gastroliterario Cociñando con Bolboretas no bandullo
11 Abril de 2019 / 18:00 h.
En abril realizase o taller gastroliterario Cociñando con Bolboretas no bandullo, destinado a familias con crianzas a partir de 3 anos, no que a cociña se converterá nun espazo máxico de creación e traballo colaborativo entre maiores e cativos/as. Esta actividade, levada a cabo no Pazo da Peregrina o xoves 11, contará con dúas sesións destinadas a unha vintena de familias cada unha. A primeira será ás 17.00h e a seguinte ás 18.00h.