
Obradoiro de cartelismo ao redor da obra de Camilo Díaz Baliño
28 Xaneiro de 2018 / 12:00 h.
GratisNeste obradoiro os/as participantes achegaranse á obra do ilustrador galego Camilo Díaz Baliño, homenaxeado nesta edición do Día da Ilustración. Centrarémonos nos carteis que realizou para diversas campañas, entre elas as que realizou por encargo do Concello de Santiago de Compostela.
Estas imaxes serán o punto de partida e servirán de motivación e inspiración para idearen novos carteis. Deste xeito entenderemos que papel desempeñan os carteis na cultura popular, como e por que funcionan e como podemos chegar a crear un cartel coas nosas propias mans.
Público: de 8 a 13 anos
Duración: 90 minutos
Prazas: 30
Recomendacións: Os nenos/as deben traer un mandil ou roupa que non teñan problema en manchar ou tinguir de pintura.