
Obradoiro de autoedición (do incunable ao fanzine)
18 Decembro de 2017 / 18:30 h.
Obradoiro de autoedición (do incunable ao fanzine). Día da edición
O papel da edición foi determinante na transmisión das culturas ao longo do tempo e do mundo. Conmemoramos o día da edición con este obradoiro a cargo de Gargallando.
Neste obradoiro formularemos cuestións como para que crear un libro ou como podemos chegar a comunicarnos cos demais a través do texto e das imaxes.
Nenas e nenos crearán a súa propia revista autoeditada, desde a idea ata a montaxe, da que faremos copias para repartir pola biblioteca.
Para nenas e nenos de 7 a 10 anos. Máximo 10 participantes.
Na sala infantil.
Precísase inscrición previa dende a aquí:
http://
Agradecemos presentarse 10 minutos antes do inicio da actividade.