
Obradoiro de animación á lectura: “Ía un can polo monte”
9 Xaneiro de 2017 / 18:00 h.
GratisCoa pretensión de que a distancia non sexa un obstáculo que impida que a oferta cultural chegue ás parroquias, o departamento de Educación e Cultura do Concello de Ames aproveita, periódicamente, os locais sociais das parroquias para acoller actuacións de coros, contacontos e a realización de diferentes obradoiros. Desta volta chega á parroquia de Augapesada o obradoiro de Animación á Lectura, coa lectura de contos e realización de obradoiros para os nenos e nenas e as súas familias. Será o próximo luns, 9 de xaneiro, baixo o título Ía un can polo monte. A actividade, que dará comezo ás 18:00 horas, é libre e de balde para todos os interesados e interesadas.