
O mundo máxico de Pinocho
26 Decembro de 2018 / 18:00 h.
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este mércores, 26 de decembro, a peza “O mundo máxico de Pinocho”, de Educateatro Producións, unha peza de teatro musical que contará coa música dun piano en directo e con moita maxia.
Nela, o Grilo Pepín acompañaráranos a través da historia de Pinocho, un boneco de madeira cuxo maior desexo é converterse nun neno de carne e oso. A través de moitas aventuras nas que haberá sitio para a amizade, a tensión e a maxia, Pinocho aprenderá, grazas ao seu nariz e a todo o aprendido durante a súa viaxe, a importancia das boas amizades e de dicir a verdade.