
O fío da Historia
28 Decembro de 2016 / 12:00 h. - 13:00 h.
O fío da Historia constrúe unha ponte entre as imaxes do álbum Nós de Castelao e o álbum Caixa de cartón, de OQO Editora, que serve de base para a creación plástica e literaria. Castelao preséntanos unha serie de escenas acompañadas dun breve texto. Pero, que puido acontecer para desencadear esa escena?
@s participantes no obradoiro deberán facer un exercicio de inventiva e pensar no antes e no despois da imaxe, tratando de reproducir en ambos os dous casos o dominio do trazo e da síntese que caracteriza a Castelao, en paralelismo cunha liña máis xeométrica e liñal da que se apropia Hasssan Amekan. Para miúd@s de 8 a 12 anos.