
“O curral de Cocoricoricó”. Contacontos para bebés con Charo Pita
23 Outubro de 2017 / 11:30 h.
GratisNo país de Cocoricoricó pasan cousas moi estrañas! Alguén roubou o arco da vella e ningún animal consegue atopalo.
As pitas e pitiños do curral de Cocoricoricó sairán na súa busca!
Para nenos e nenas de 0 a 3 anos. É precisa a inscrición previa, máximo 25 asistentes. Cada bebé só pode estar acompañado dunha persoa adulta.
Na sala infantil.
Actividade que forma parte do programa conmemorativo do Día da Biblioteca.