
O Comenoites
10 Xuño de 2017 / 18:00 h.
Gratis10 de xuño, 18:00, Biblioteca de Galicia, Santiago de Compostela, A Coruña
Contacontos a cargo de Sudhum Teatro.
Contacontos escenificado no que o protagonista é un duende regordiño encantado de comer a noite para que o sol poida saír outra vez e traerlles luz e calor a todos. Un día a lúa coméntalle que está demasiado gordo e o Comenoites deixa de comer, pero isto supón un problema porque se o Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na terra e o sol nunca volverá saír. Unha bonita historia coa que os rapaces e rapazas descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite.
Duración: 40 minutos
Prazas: 120
Recomendado ata 6 anos