
O Bosque de ribeira do Río Sarela
10 Xuño de 2017 / 10:30 h. - 13:30 h.
Actividade en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela
- Roteiro polo río Sarela con saída no Museo de Historia Natural da USC.
- Analizaremos diferentes características deste ecosistema tanto da auga (pH, condutividade, contido en osíxeno…), do solo (clasificación, estrutura, contido en areas e arxilas…), da flora (diversidade, cobertura…) e da fauna (identificación de rastros, observación de aves).
Adultos e nenos acompañados de adultos. Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa, polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro. Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e horario
Sábado 10 de xuño
A duración será de 3 horas (10.30h – 13.30h)
Prezo
De balde
Ter cuberta a ficha de inscrición unicamente implica ter realizada a solicitude. A praza confirmarase por correo electrónico ou por teléfono.